terça-feira, setembro 13, 2005

Estou feita una rapariga

Cando era nena, pasaba moitas vacacións e fins de semana na casa de meus avós, alá ao carón do Miño. Con esa época van asociados dous motivos principais: a miña amiga Mari e a bicicleta. Era "o" xoguete cando estaba alí: con 5 ou 6 anos, andaba pola finca, despois ía ata a casa de Mari ou ao campo de futbol, máis tarde íamos a tódolos sitios na bici.
Hoxe tiven que traballar pola tarde e, cando voltaba á casa, sentín un desexo imperioso de montar na bici. Saqueina do garaxe, inflei as rodas, limpeille o pó e alá fun a dar unha volta á mazá. Tódolos nenos da urbanización andabamos na bici, ainda que eu lles adiantaba a todos (agora teño 12 velocidades e as pernas máis longas). Foron quince ou vinte minutos pero nese tempo percorrín case case vinte anos...
Opinions:
Ay, eu non empecei a andar en bici até os 11 ou 12...
Saúdos
 
Eu muito andaba en bici pero xa cos meus anos.
Tinha unha mountain bike e ia pola serra do Gainheiro ou dende a Risca ata o Galleiro.
Nunha ocasion fun ata o castelo de Goian en Tominho e cando voltaba ao Porrinho deume unha "paxara".
Nese momento mataria unha vella para roubarlle o paquete de galletas.
Espero non che pase a ti.
Saudos.
 
Teñenme falado das "paxaras", acedre... pero no creo que me pase a min, son ave de urbanización ;-)
Saúdos.
 
Onde estas que non escribes ?.
Un saudo.
 
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?