quarta-feira, agosto 24, 2005

Galegos no mundo

Sen ánimo de parecer un programa deses da Tevegá, imos falar desa xente que anda por aí polo mundo. Este ano temos na miña familia unha alegría moi especial, porque viñeron meus tíos de Brasil, Carminha e Manolo. Adoitan a vir cada 5 anos ou por aí e esta vez temos a sorte de que quedan con meus pais boa parte do tempo. Mañá pola noite, con un pouco de sorte e se se porta ben a autopista portuguesa e non se corta por incendio ou similar, espero cear con eles. Marcharon para alá hai corenta e pico anos. A primeira vez que viñeron eu era moi pequena, pero lembro moi ben aquel verán, con tíos novos e primos novos (unha mágoa que foran máis vellos ca min). Non pensan en volver, a súa vida está alá. Pero sempre din que teñen aquí un anaco de corazón tamén: irmáns, sobriños, sobriños-netos... E iso lles falta en Brasil.
Por sorte, teñen alá unha boa vida, todos eles. Espero visitalos algún día alí. Polo de agora, trataremos que se sintan a gusto e queden con ganas de voltar en un par de anos.
Opinions:
E non vas ir velos a Brasil?
 
Meus avos botaron unha chea de anos en Venezuela e tenho familia espallada polo mundo adiante.
Eu era un neno cando meus avos vinhan de vacacions mui de cando en vez e encantabame oilos falar e o cheiro que traian os baules...
Agora dame a impresion que son eu o que anda por ai e aparece de vez en cando pola terra...
Os tempos cambian e as novas xeracions galegas toman o relevo das vellas xeracions...
Pois nada, fai feliz a familia que seguro que sabes.
Saudos.
 
Hola, xa estou de volta:
Olves, encantaríame ir visitalos, pero ainda non teño moi claro cómo enfocar o viaxe... Por un lado, habería que aproveitar para ver un pouco o país, por outro, tamén quero estar coa familia... Xa se irá vendo
Acedre, eu estou moito máis cerca de Galiza ca ti, pero tamén teño ás veces esa sensación... Os meus amigos sempre andan a preguntar cómo están as posibilidades de que voltemos. Nunca sei moi ben qué dicir.
Unha aperta para os dous (bueno, unha para cada un) ;-)
 
Good design!
[url=http://ystxecpc.com/fupm/ephq.html]My homepage[/url] | [url=http://kmkgflmm.com/cyfd/sbrb.html]Cool site[/url]
 
Great work!
http://ystxecpc.com/fupm/ephq.html | http://jlkhzhxo.com/dtfq/jzoh.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?