quinta-feira, junho 09, 2005

Misery (fans e miserias) (I)

Asústanme os fans. Refírome a ese tipo de xente que exhibe un culto á personalidade do tipo que sexa que os fai poñerse enfermos, chiar, chorar sen consolo e quén sabe qué máis. Moitas veces, o obxecto de adoración non é humano: pode ser Tintín, a tumba de Lady Di, ou mesmo Michael Jackson.
Penso que moita xente estará familiarizada co argumento de Misery, novela de Stephen King levada ao cine, con Kathy Bates facendo de enfermeira tola que retén pola forza ao seu escritor favorito para que lle escriba unha novela á carta da súa idolatrada Misery. Pois ben, últimamente anda polos foros dunha escritora un suceso que ten conexións con este tema.
Elizabeth George é unha escritora americana de novelas de misterio de moita sona, que basea o seu éxito nunha serie con cinco ou seis personaxes fixos. Parece que na última novela se lle ocurriu matar a un deles...
Algunhas respostas dos "fans" no foro da súa páxina deixan a unha abraiada. Acúsana de crueldade cos seus lectores, fan comentarios como "¿qué outra reacción pode haber máis ca rabia e enfado?", chegan a dicir que a súa obriga é facer felices aos seus lectores e ordean que cambie o final en sucesivas edicións.
Non quero imaxinar qué ía ocorrer se chega a matar ao personaxe principal...
Algunhas mensaxes que lin parecen indicar que hai un número de lectores que sinten tal identificación cos personaxes da serie que non os distinguen, á hora de concretar o que "sinten" por eles, da xente real do seu entorno... Falan de que "aman" a Tommy, aman a Helen, aman a Barbara, ou detestan á nai de Tommy, como se os coñeceran en realidade.
A historia é a comidilla dos
foros de misterio e está por ver como vai afectar ás ventas do libro. Non creo que lle vaia mal: din que non hai publicidade mala. Pero se eu fose Elizabeth George, coidaría da miña seguridade, non hai máis que lembrar o que lle aconteceu a Lennon.
Opinions:
Acabas de deixarme estantía con esta movida. A que extremos chegamos XD.
 
Xa sabes, Peke, coida o que escribes, non vaia ser... ;-)
Saúdos.
P.D: E moito coidadiño con deixar o blog ;-).
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?