segunda-feira, junho 20, 2005

Florideando

Estaremos unha semana sen saber quén será presidente. Qué modernos, igual que os USA no 2000. Vaino decidir xente á que lle importa tres carallos se temos boas estradas, se a nosa Sanidade funciona ou se a educación anda a sufrir un proceso de privatización encuberta. Mesmo non saben que en Galiza a un enfermo de cancro o poden ir buscar ás tres da mañá á casa en ambulancia para optimizar a máquina da radioterapia, xestionada por unha empresa privada...
Poño esta ligazón da Voz por se alguén ten interese en saber os intringulis numéricos que lles van dar a maioría absoluta.
Xa sei que non estou moi optimista, pero e que creo que desta tampouco vai.
Opinions:
Eu xa non sei o que hai que facer para que os boten, dende logo empezo a pensar que é imposible.

Dentro de catro anos renovarán co sucesor Rajoi.
 
Rajoi non lles dura a Cuiña e a Baltar nin dous navallazos de nada ;-).
40.000 votos xa do CERA en Pontevedra ¿a ónde imos chegar????
Saúdos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?