segunda-feira, junho 06, 2005

Finde portugués

Temos a intención de pasar a próxima fin de semana en Portugal. Dudamos entre Estoril, Setúbal e Sines. ¿Algunha suxerencia?

Opinions:
Eu non conhezo Sines nin Setubal. Si estiven en Estoril e gustoume, asi como Cascais que esta pegado. Perto e no interior esta Sintra cos seus palacetes no alto duns bosques fermosisimos que merecen unha visita obrigada.Tamen esta o Cabo da Rocha:a verdadeira fisterra da Europa continental.
Esta e a minha humilde opinion. Espero que tenhas unha mui boa viaxe e escollas o que escollas lembra que as viaxes fanas boas o estado de humor.
Saudos.
 
Coincido con Acedre en canto á beleza de Sintra e o resto da Estremadura máis occidental.
Eu tampouco coñezo Sines, mais creo que é unha zona industrial cun grande porto e non sei se será moi fermoso.
Por outra parte Setúbal é digna de coñecer, e sobre todo os seus arredores, o parque natural da Arrábida (o mosteiro da Arrábida á tardiña é arrebatador) e a península de Troia. O traxecto en ferry entre Setubal e Troia é moi recomendable.
 
Moitas gracias aos dous. Preciso saír deste "forno" ainda que sexa un par de días e ver un pouco de mar (e, se pode ser, mollar un pouco os pes nel). A min tamén me encanta Estoril, Cascais e Sintra: a pega é que xa o coñezo. O meu compañeiro non, así que é un bo motivo para ir e ensinarllo...
Polo menos, grazas aos seus consellos vou acotar as posibilidades a dúas: Estoril e Setúbal...
Un bico para cada un :)
 
eu non coñezo sines, pero setúbal pareceume unha cidade flipante, por diferente de moitas das que andan perto da estremadura

paga a pena todo, pero ide con coidado co tránsito, é un pouquiño insoportábel... :)

pero havos gustar
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?