sexta-feira, maio 13, 2005

Este é un blog do exilio

Ou iso din en Vieiros... O pequeno "problema" é que non son mindoniense, nin estou a estudar en Badajoz (é dicir, estou a estudar, pero o motivo polo que estou en Extremadura é unha mistura entre traballo e amor...), e o certo é que aínda que secretamente me vexa como tal... xa non son unha moza. Ha de ser que aínda teño caligrafía de noviña...
Bueno, non é tan molón coma o de Todo Nada, que a confundían cunha escritora, pero polo menos quitáronme anos do lombo.
En todo caso, agradecerlle ao que escribira o texto de Vieiros a mención a este caderno, que sempre agrada que se acorden de unha, ainda que sexa pensando na veciña.
Opinions:
Eu que me preguntaba de onde tiraban tanta información! ;)
 
A mim fixeron-me filho adotivo d'A Corunha, e prolífico :O hahaha!
Seica o erro foi "producido certamente por mesturar certas quedadas onde tiñamos os nosos espías cos verdadeiros datos biográficos." (sic, num correio de desculpa pelos erros :P)
 
Señora Dot, parece que a información a sacan dunha fonte inesgotable: a fantasía :)
Ictioscopio, non sei se entendo o que querían dicir con mesturar quedadas con datos biográficos, pero grazas por transmitir o correo de resposta :)
Saúdos.
 
Pois mira, a min pareceume un detallazo por parte de Vieiros, que se lembraran de todo-los que andades pola diáspora.

Unha aperta pangalaica a tod@s.

p.s.: "hai cada" atopeite no guguel.
 
A min tamén me pareceu un detalle bonito :).
Pero quería aclarar que non son de Mondoñedo.
Saúdos.
P.D.: Eu atopei Machacar allos a través doutra bitácora.
Outra aperta :).
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?