sexta-feira, abril 08, 2005

Lady Veas Delgadas

Odio as agullas. Detesto que me quiten sangue. Adoito a marearme e perder o sentido. Tardan moito en atoparme a vea e sempre volto a casa cun morado no antebrazo, por suave que fora a experiencia.
O martes fixen unha analise, sobre todo para manter á paz conxugal (hai un ano que prometín facelo...). Se fosemos un pouco máis bobos diríamos que era case romántico: parella que se extrae sangue xunta... Non estuvo mal, polo menos relaxábame saber que se me desvanecía non ía ter que conducir ata o traballo. E o enfermeiro foi moi hábil tardou moi pouco, ainda que flipou coas miñas veas. O morado xa case está amarelo e ten pinta de durar pouco.
Hoxe fomos buscalos resultados e, xa se sabe: á que non quere caldo, sete cuncas.
Resulta que se esqueceron de poñer os resultados do colesterol e... hai que repetir.
Dentro de dez días.
Iso sí, queda como aristocrático o de ter a as veas finas ¿non?
Opinions:
Perdoa o meu plebeísmo, pero máis ca aristocrático, querida, seméllame unha auténtica foda. (Eu teño a sorte de ter veas marcadas e de que non me impresionan as agullas nin tanto así). Sorte, parrula. Abstráete e déixaos facer. ;)
 
Xa sabes, Peke, non se consola quen non quere... Por sorte (e toco madeira), polo de agora non tuveron que empregar moito as miñas veas. Pero se cambiase a racha... non quero nin pensalo.
Esta vez creo que porei o outro brazo.
Hai Cada
 
Eu tiña que ir o luns pasao facer unha análise despois de... talvez 15 anos da última vez. Pasei toda a finde mentalizándome, pasando de beber e iso para que me quedaran as analíticas ben xeitosas. O luns ás 7 da mañá estaba esperta pensando na dichosa agulla. E ao final entroume tal angustia de terme que pinchar pasei de ir. Son unha cagada total, e despois de ler o teu post que case me marea de novo e non che me arrepinto nadiña de non ter ido.
 
María, eu fuxín unha vez da sa de espera dese monstro chamado dentista... non che digo máis. E iso que a moa me doía.
O do sangue, penso que o levarei mellor esta vez, porque este enfermeiro foi moi rápido e "suave", así que perdín un pouco o medo.
Hai Cada
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?