domingo, abril 17, 2005

Inferno

Dante cobrou contas cos seus inimigos no Inferno da súa Divina Comedia e parece que lle deu resultado. Como non son Dante nin nada que se lle pareza, aforrareille os castigos e torturas que lle tocaban os que mandaba para alá abaixo, pero... vou adicarlle unha mensaxe a un personaxe que me cae particularmente mal.
A miña teima non é de todo xustificada, xa que aprobei Civil con él sen problema ningún. Quizáis sexa porque se cre guapo. Ou porque cando era axudante e andaba a facer os recadiños polo departamento, aceitaba sen chistar as broncas públicas que lle botaba a titular da materia cando chegaba tarde... Un ano despois, xa máis seguro de si, quitaba a americana na clase e dicía, sorrindo ás nenas de primeira fila "chicas, no os importa que me quite la chaqueta ¿verdad?". Un par de anos despois, parece que pasou a ser unha luminaria do Dereito e nomearono director da EGAP (Escola Galega da Administración Pública). Curioso, porque supostamente a súa especialidade era o Civil e non o Administrativo, pero son as cousas que ten ser familia de... Máis tarde o volvín a ter de ponente nun Curso sobre a Lei de Dereito Foral Galego. Unha hora falando do guai que era que por fin se aprobara a lei, que houbera acordo para a lei... pero sin mencionar nada do contido da mesma. Menos mal que logo viñeron profesionais...
Non me extraña que lle dean agora a "medalla de honor" da Asociación para el estudio del Derecho de Autor...
Teño a certeza de que ainda lle adicarei algunha mensaxe máis. Seguirá a ascender, non teño dúbida.
Opinions:
a min deume civil Rebolledo, bastante menos elegante que Bello Janeiro ;)
 
Eres home afortunado ;-). Menos pijo parecía Rebolledo, desde logo.
Saúdos.
Hai Cada.
 
Este anterior non sabe que ti eres unha muller.
Un bico, J
 
J., o Anonymus que firma Hai Cada son eu, sangue da túa sangue ;-)
Bicos :)
 
Good design!
[url=http://abvosrft.com/mmnz/wdxc.html]My homepage[/url] | [url=http://vgjlahap.com/dsfa/jmbd.html]Cool site[/url]
 
Good design!
http://abvosrft.com/mmnz/wdxc.html | http://qftknwhv.com/twia/rfrb.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?