terça-feira, abril 26, 2005

Enfermidade

Hoxe houbo un asunto no traballo que nos deixou a todos abraiados: tivemos acceso a unha mostra descarnada de algún tipo de enfermidade mental que anda a cebarse nunha familia, xustamente tendo cómo victimas pasivas aos país da enferma. Unha enferma moi intelixente (por iso non está diagnosticada) cun currículum destacadísimo, que, tras aprobar varias oposicións Grupo A, adícase a artellar acusacións infundadas pero maquiavélicas contraaqueles lle deron a vida. Só agardo que o sufrimento que lle está a causar aos seus pais, consiga traer axuda a esta pobre e por fin consiga algo que alivie a súa inquedanza destructiva...
Non sei se hai algo máis triste que unha enfermidade mental.
Opinions:
Para a familia, dende logo que non. Convivir con eles é moi difícil, pero a sensación de impotencia é aínda peor.
 
Por fortuna, hai algúns tratamentos que están a mellorar moito a calidade da saúde mental dalgúns enfermos máis leves. Pero os casos coma este, sen diagnosticar, son terribles.
Unha persoa totalmente convencida do seu delirio, que supoño que irá adquirindo a convicción de que o mundo está contra ela...
Cambiando de tema, ¿Como foron eses exames?
Saúdos.
 
Por desgracia non hai medicación para todo. Os psicópatas son un bo exemplo. Non hai pílula, polo de agora, que cure a friaxe emocional, a falta de sentimentos.

Os exames, regular. Segundo os meus cálculos tiña que aprobar catro (sempre deixo dúas para setembro), peros só aprobei tres (suspendín Comentario). As boas notas destas tres non me consolan.

E ti que tal? :)
 
Pois... non me podo queixar máis que da miña desidia. Presenteime a Alemán e a Comentario e aprobei as dúas, ainda que esta última con un cinco raspado.
Intentarei neste segundo parcial presentarme a esas dúas e tamén a Pensamiento XX, pero, non sei...
Se algún día che apetece comentar algo da carreira ou de calquera outra cousa o meu correo é haicada@gmail.com. Non dubides en usalo para o que precises ;-).
Saúdos.
 
O que parece que esa muller padece son delirios paranoicos ou algo semellante. Que eu saiba, iso ten tratamento.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?