segunda-feira, abril 11, 2005

84, Charing Cross Rd.

Merquei este libriño sen coñecer nada del que non fora que había unha adaptación teatral do mesmo que anda rondando por aí, atraída únicamente polo seu título, que suxería algo vencellado ó mundo do libro, xa que esa rúa está cheíña de librerías e cando fomos por alá fuchicamos todo o que nos deu tempo.
O certo é que ao mirar a lapela e ver que era unha colección de cartas reais, e non ficción literaria, non souben qué pensar, fiquei algo decepcionada. Pero cando levaba vinte páxinas xa estaba totalmente enganchada. As cartas móstrannos un anaco de vida, unha sutileza nunhas relacións que pasan de ser comerciais a formar unha especie de amizade a distancia baseada no respeto, o amor ós libros e a boa fe de varias persoas que consiguen poñerlle algo doce á vida dos outros, con un pequeno xesto. Fíxome pensar nalgunhas persoas que coñecín a través de Internet, especialmente no asunto universitario e parece que non mudou tanto o mundo... Certo que os emails no son tan románticos como as cartas, pero... as veces tenden pontes entre persoas que nunca terían oportunidade de coñecerse sen eles.
En fin, recoméndolles o libro a todos.
Opinions:
É do máis emocionante que lin, si. :)
 
Me lo he leído de un tirón y me ha gustado mucho :) Gracias.
Menos mal que entonces no había ordenadores!! nos hubiéramos perdido un gran libro.
Bicos :)
Marta
 
Grazas a Marta e a María polos comentarios. Pode parecer un pouco pueril, pero sempre me fai ilusión cando alguén comparte o gusto por algún libro...
E a algun/nha que está lendo isto dígolle que sí, que xa volo prestarei no verán.
Hai Cada
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?