quarta-feira, fevereiro 09, 2005

Cocktail de licor café


Unha das cousas sorprendentes de vivir fóra de Galiza é que un día te decatas de que houbo un cambio nalgunha costume, nalgún xeito de falar, de comer, de vivir... ¡e ti non te enteraches! Cando te enteras, soe ser de golpe, pois me estou a referir a cousas pequenas, que ninguén te chama para contalas.
Así por exemplo, me pasou co licor-café. Nos meus anos mozos, o licor café era unha bebida como de vellos, recordo que sempre nola ofrecían na casa do meu tío-avó. A través do blogomillo e dun boísimo amigo que ten un mesón en Compostela entereime de que está de moda en plan copa.
Lin nalgún lugar, creo que no de porquiño, que na comida "oficial" do blogomillo que houbo en xaneiro, o 95% dos asistentes tomaron licor-café. Por iso, topei por algures este cocktail que igual lle gusta a algún para variares un pouco:
CUCARACHA:
1/2 de licor-café
1/2 de tequila
Bótanse as dúas bebidas nun chupito, préndeselle lume cunha culler e empreguese palliña para bebelo. Disque ten 32 graos de graduación. Se alguén o proba, que me conte :). Parece ideal para retornados da diáspora mexicana.
Por certo, din que se chama "cucaracha" porque ilustra o xeito no que un sae camiñando do lugar onde o bebeu...


Opinions:
leva xa alguns anos de moda, para desgraza das nosas neuronas. que eu me lembre dende mediados dos 90. a verdade é que ten a sua lóxica xa que é barato e ten uns efeitos maravillosos para sair por ahi até as mil se andas con sono.
 
Eu nin o probo: con un café con leite pola mañá non durmo en toda a noite... se tomo un licor café boto dez días a bailar :)
Saludos.
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?