domingo, fevereiro 27, 2005

Bookcrossing

Escoitara falar hai tempo do bookcrossing ou liberación de libros: deixase un libro que a un lle gustou nun lugar público para que outra persoa o lea, o goce e o volva a liberar. Agora, na bitácora de Turzi, leo sobre o seu propósito de liberar un e espío a páxina onde da pistas sobre o lugar ónde o vai deixar.
Non é para min esta moda: se un día fose capaz de soltar algún dos meus libros, o seu destino sería algún amigo ou familiar ou ben, unha doazón a biblioteca local, da que sempre tiro moito proveito.
A avantaxe coa que xoga esta práctica é unha universal verdade (polo menos, para mín): ós ladróns non lles gusta a letra. Roubaronme dúas veces no coche: a primeira, en Cádiz, levaron tontadas tales coma un paraugas barateiro e 5 casettes grabadas... e deixaron o que había de máis valor: unha guía de viaxe noviña que custara máis de 20 euros. A segunda vez, na Ría, levaron unha parte do noso equipaxe. Apareceu case todo o que levaba o Radical e case nada do que levaba eu (¿mulleres?), pero o que si apareceron foron os 8 libros que levábamos entre os dous. Dacordo que os libros de Fufi do Radical non eran moi atractivos, e moi probablemente o meu de Teoría da Lite, tampouco... pero tamén ían un par de novelas e non lles fixeron caso ningún.
Tampouco cando nos entraron na casa levaron libro ningún. Vaia, que o que leve o libro "liberado" é porque terá algunha intención de lelo. Ou eso espero.
Opinions:
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
 
E verdade que os ladróns ós que lles gustan as letras non rouban libros. A falta de escrúpulos catapúltaos á clase dirixente dende onde roubar as librerías completas. Un bico de sapiens
 
Eu o do Caparrós tampouco o roubaría. Que pesadelo de libro!
 
Certamente, Cau, se mo roubaran agora non ía botarme a chorar ;-).
Parece que andamos a estudar a mesma leria ¿non?
Saúdos.
Hai Cada
 
A mesma, si :)Ainda que supoño que non no mesmo curso (O de Pound tenme despistada)

Un saúdo,

Cau

pernascochas.blogspot.com
 
O de Pound é de Pensamiento y Creación Literaria Inglesa en el Siglo XX (3º) (pufff, sempre teño que buscar o nome exacto das materias, se me esquece sempre que non é Lite I, ou Lingua II).
Non creo que ande vostede moi lonxe... :)
Saúdos.
Hai cada
 
Xa o encontrei. Contaba con Eliot, pero non con Pound :) Nótase que aínda non comecei o segundo trimestre, non si? Ben, xa temos unha en común. Algunha máis? (eu: al. II, coment. ling., sem & lex., fon, ling. e it. us. especif.)

Un saúdo,

Cau
 
Hola: Pois sí que hai algunha en común: eu Com. ling., Al I e Sem. e Lex.). Vou un pouco máis de vagar :).
Saúdos.
Hai Cada.
 
Thank you!
[url=http://lfgecpui.com/rrea/asfy.html]My homepage[/url] | [url=http://uvmgsoff.com/vzcz/acre.html]Cool site[/url]
 
Well done!
http://lfgecpui.com/rrea/asfy.html | http://zpnfqnid.com/dxth/lmqi.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?