quinta-feira, janeiro 27, 2005

Non acredito

Superado o exame de Alemán e con tregua ata dentro de dez días, que toca o/s próximo/s, actualizo con unha nova que tiven que comprobar dúas veces e ainda non a termino de crer de todo... Resulta que o Consejo de la Juventud de España vai sacar ó mercado unha bebida energética chamada Referendum Plus, para animar a votar ós menores de 34 anos... Tendo en conta que son potencial destinaria de semellante campaña, e que andaba dubidosa entre o non e o sí... non sei se o mellor será absterse. Porque quizáis atribúan o meu voto ó beneficioso efecto dese brebaxe.
Anda este días Todo Nada coas Razóns para o SÍ, Razóns para o NON... Velaquí unha razón ben poderosa para o ¿E A MÍN QUE ME DIS?

Opinions:
Hola hojasdehierba
Y por qué no votar en blanco?

No me atrevo a comentar más porque no comprendo el gallego aunque me parece que algo he cogido. De todas formas creo que aprenderé con el tiempo porque pienso leer tu blog !me gusta!

A ver, en este caso estaría bien el emplear la expresión Hai Cada! ??
Bicos
Molly Muir
 
Hola Molly:
Fermoso nick ;-). Penso que acabarás entendendo o galego. Se non é así, ti pregunta.
Polo de agora, moi ben: efectivamente, iríalle de perlas a expresión "hai cada" a este asunto :)))).
Bicos.
Hai Cada
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?