sexta-feira, janeiro 28, 2005

As malas compañas

Tivemos a Touriño de "tournée" por estas terras e ese feito preocúpame... Non creo que a compaña do Alkornokari mellore a ninguén como non sexa para dicir: "eu de grande non quero ser coma ti".
Seica falaron do mérito que Extrema e Dura pregoa fachendosamente: o programa "un ordenador cada dous alumnos". Ben, non son experta en Educación e o que sei do asunto é polo que escoito, así que agardarei a ver se a outro blogueiro que sí sabe do tema se pronuncia ó respecto (veña, sapi, que sei que me les).
Supoño que Paco estará contento coa visita... Ainda que poida que non, claro.
Opinions:
Todo o que se invirta en educación está ben.Dito esto, si un ordenador-dous alumnos supón que non se lle pague durante meses aos substitutos xa non está tan ben. Si supón que non se lles pague os trienios e sexenios aos funcionarios, o mesmo. Si supón que polas aulas aparecen atravesados un monte de aparellos sin software co que traballar porque gastaron todo en ordenadores, tampouco. Si supón que os profes teñen que buscarse a vida para usalos cando non se nos deu o que realmente necesitan: autoridade, portátiles, proyectores para as aulas, os diferenciais de soldo con respeto o IPC dos últimos 15 anos, posibilidades de promoción,etc, pois menos. Menos máquinas e tratade millor aos vosos traballadores ainda que eso non aparezca no noticieiro.
Sapiens sapiens.
 
Meu estimado sapiens:
Máis que nada agradecerlle que colgue a súa opinión no meu blog, pois me consta que coñece o tema de primeira man e, ainda que finxa o contrario, é un profesional realmente dedicado ó seu traballo e preocupado pola calidade do que ensina... En fin, non é ouro todo o que loce nin certa toda a propaganda...
Saludos.
 
Good design!
[url=http://zambktbm.com/wwnk/obvj.html]My homepage[/url] | [url=http://izautrvv.com/gcmq/yksw.html]Cool site[/url]
 
Good design!
My homepage | Please visit
 
Great work!
http://zambktbm.com/wwnk/obvj.html | http://vqzohhbq.com/yvgs/ofoh.html
 
Enviar um comentário

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?