tag:blogger.com,1999:blog-99750032008-02-16T14:43:42.389+01:00Hai Cada!hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comBlogger191125tag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-91684321367972664052007-05-26T03:19:00.000+02:002007-05-26T03:20:41.224+02:00Desde agora...Novo caderno en:
haicada2.blogspot.comhojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1145573005694703262006-04-21T00:28:00.000+02:002006-04-21T00:43:25.723+02:00¿Móvese algo en Cambados?

Entérome a través de meu irmán da iniciativa que levou adiante unha parte da mocidade cambadesa e outros non tan mozos pero coas mesmas ganas de actividade o pasado 1 de abril: o macrolimpadón. O obxectivo desta convocatoria era chamar a atención sobre a cantidade descomunal de merda (non creo que haxa outro xeito de chamarlle) que se acumula na costa de Cambados, coa absoluta inactividade do Concello ao respecto. A asociación Polo Noso, a comparsa Unha Grande e Chea (que están en todas, sexa para a troula ou ata para currar) e a asociación Croio de Narón adicaron a mañá a recoller lixo e, como parte desta actividade reivindicativa, xuntáronno na pista de patinaxe para facer visible o problema, tal é como vemos na foto, collida da páxina "crítica" de Cambados. Un rapaz da familia política de meu irmán comentou que, mentres limpaban, uns cantos vellos berrábanlle "rojos!!!!". Ogallá que llelo chamen moitas veces máis.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1145471519652294012006-04-19T20:23:00.000+02:002006-04-19T20:31:59.686+02:00Unha historia linda e nosa
Trala ausencia vacacional, aquí me achego outra vez a este caderno, esta vez motivada por unha historia que lin hoxe en El País. Co gallo do aniversario da suceso, conta cómo os veciños de Carnota salvaron a vida dos tripulantes dun buque da Armada que estaba a naufragar nas súas costas. Botáronse á mar coa absoluta valentía que hai moi pouco tempo vimos nos mariñeiros da Illa de Arousa, que recollían chapapote cos dentes se facía falta... Unha das mellores partes da historia (aparte da que conta que salvaron a vida) é a que conta Juan Manuel Gómez, que tiña 17 anos naqueles tempos, e que cando lle preguntou un dos tripulantes "¿qué tierra es esta", contestoulle en galego "esta unha terra moi bonita".

Polo menos, saimos na prensa para algo que non ten nada que ver co narcotráfico, que xa é unha novidade.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1144188456352523622006-04-05T00:01:00.000+02:002006-04-05T00:07:36.356+02:00Misterios da existencia

Este dous homes naceron o mesmo día, do mesmo ano. Que expliquen o fenómeno os que entendan de horóscopos...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1143660500948772572006-03-29T21:14:00.000+02:002006-03-29T21:28:21.013+02:00Unha "pequena" nova experiencia
O domingo viaxamos a ver a unhas amigas a Guadajira, non moi lonxe daquí. É un povo moi pequeno, uns cincocentos habitantes din as estatísticas. Pero o novo no era iso, senón o feito de seren un povo de colonización, creado nos anos cincuenta ao amparo de Plan Badajoz. Povo blanco, coma tantos outros, cunha igrexia grotesca que retransmite badaladas enlatadas por un altofalante, sen ningunha edificación con visos de antigüidade. Houbo, sen embargo, unha cousa que chamou a nosa atención: había rúas sen fachadas, é dicir, íanse alternando as rúas que daban á parte dianteira das casas, coa súa porta principal e as ventás, con outras (paralelas ás mesmas) onde só habían una especie de porta de servicio. Estas últimas rúas parecían mortas, non se vía a ninguén por alí, nin siquera carros aparcados. A rapaza que coñecemos que está a vivir alí comentou que esa distribución era moi frecuente nos poblados de colonización... pero claro, nós nunca estiveramos en ningún. Moita xente nova en Guadajira, parece que non marchan do campo tanto coma en Galiza.

hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1143491492680057232006-03-27T22:15:00.000+02:002006-04-05T00:08:51.550+02:00Antídotos para a morriña
Abriron hai uns días un super novo no noso barrio. Foi motivo de ledicia: a nosa vida é moito máis sinxela, pois xa non temos que coller o coche cada vez que quedamos sen iogures. A miña compañeira de traballo foi o sábado por alí a mercar peixe e voltou con sorpresa: ¡¡¡tiñan raia!!! Como boa galega e mellor cociñeira, fixo unha caldeirada. Invitou a compartila a un extremeño, que ao primeiro puxo mala cara, pero logo aplicouse a fondo. Teño que aprender a facela ben, que ha ser unha boa opción para cando unha comeza a botar en falta o peixe da terra...

hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1143403436641612302006-03-26T22:02:00.000+02:002006-03-27T17:52:33.156+02:00Xustiza poética

O que o home argallou, foino levar o vento...
Sir Paco non mandara ás súas naves a loitar contra os elementos.
(Xa poñéndonos serios, que lles sexa leve a todos o temporal).
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1142974363154901912006-03-21T21:32:00.000+01:002006-03-22T05:36:46.423+01:00Non só o tabaco.

Segundo a miña experiencia, algo que tamén debería levar advertencia dos seus perniciosos efectos é escoitar a Radio pola mañá. E non falo de experiencias fortes, que unha coñece as súas limitacións e sabe que está vella de máis para iso... Sen ir tan ao extremo, está mañá pillei un bo calentón escoitando falar das revoltas francesas na emisora que, supostamente, máis podería tratar de entendelas. Falaban do "pouco permeables aos (supermeganecesarios) cambios que son os sectores da sociedad francesa que andaban a manifestarse. De que oporse a reducción do estado do benestar ía en contra da "cohesión social"... Estou segura de que se os cambios fosen coma o autoestablecido polos nosos parlamentarios galegos, non se ían a opoñer. O conto é que cando os cambios afectan aos pringaos, nunca son para ben, senon a cotío "pour t'enculer". O de que a reducción do estado do benestar poida favorecer a cohesión social só o entendo se considerasemos que a cohesión social fai aguas porque os que non precisan nin subsidios, ni escola pública, nin sanidade, nin servicios sociais estarán máis contentos pagando menos impostos. É dicir, o sector dos cómo-me-gustaría-ser-coma-ti que os tertulianos semellan tomar coma modelo. E non lles vai mal, non. Cobran o mesmo por soltar babosadas durante unha hora (bueno, unha hora a dividir entre catro ghichos: case sempre 3 homes e unha muller) que un anticambios en quince días de traballo. Penso que o eslogan da foto enténdese sen necesidade de saber francés. Despois do que oín hoxe, empezo a ter dúbidas sobre se hai unha man agachada detrás das convocatorias dos botellóns. Parece que estes das pancartas incomodan máis ao sistema.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1142633079430656172006-03-17T22:48:00.000+01:002006-03-17T23:07:59.116+01:00Telenovela triste
O outro día, había una trama de paternidade dubidosa en Desperate Housewives, que, por certo, leva aquí de título Mujeres Desesperadas e non Amas de Casa Desesperadas, coma sería o lóxico. Ao día seguinte enteiramonos no traballo dun asunto que trataramos alí había un par de meses e que tomou unha evolución que os pode levar directamente a un talk show, por méritos propios. O argumento é así: parella casada con dous fillos. A muller marcha con outro en circunstancias ben bizarras: a parella acude a unha festa e, cando o home empeza a buscar onde está ela, resulta que marchara co amante... para non voltar á casa. Leva consigo ao fillo pequeno, que ten dous anos e deixa ao grande co pai. Comezan a separarse legalmente e adxudícanlle a custodia do pequeno á nai, cun réxime de visitas para o pai. Cando o pai vai buscar ao pequeno para as visitas, a nai sempre pon problemas (nada fora do desgraciadamente habitual), pero un día dille que non o pode levar, que non é fillo del. Tanto teima que él esixelle unha proba de paternidade, máis que nada, para quitarlle a excusa. A proba de paternidade dalle a razón a ela: non é fillo del. O home está destrozado, a familia do home (avós, tíos...), tamén... De súpeto, perderon un fillo, neto, sobriño... Por suposto, a pécora que creou a situación, non está disposta a que teñan relación ningunha co neno. Todo isto ocorre nunha vila duns cinco mil habitantes e vailles ser difícil tratar de esquencer.

Na trama da serie tiña gracia, na vida real, non a ten.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1142379467235461432006-03-15T00:14:00.000+01:002006-03-15T00:37:47.303+01:00Slowly?
A fin de semana foi espídica: chegada o venres tarde a Vigo, para gozar da presentación do libro do Rei de Copas, que resultou ser unha persoa cun sentido do humor sutil que nos puxo un sorriso na cara durante toda a súa intervención. Tiña a todo o auditorio engaiolado coas cousiñas que ía contando, tanto sobre a obra, coma sobre a súa vocación literaria. Non houbo apenas comentarios sobre o libro, pero é que moitos dos asistentes non o tivemos entre as mans ata ese momento. Xa haberá tempo de facer eses comentarios cando remate o libro, que facelos antes é un pouco onda Sofía Mazagatos e por riquiño que me parecera o autor, tampouco é iso... Despois do acto, agardabanos na porta a miña compañeira de piso da facultade e pasamos unha noite estupenda con ela. Falamos do pasado, sí, pero tamén do presente e mesmo do futuro, coma corresponde a unha amizade que sigue viva a pesares da distancia e dos anos. O sábado pola mañá fuxiu entre pouco froitiferas xestións inmobiliarias e comerciais... pero polo menos dimos un paseiño por Vilagarcía. A tarde-noite consumiuse entre a familia política, os amigos e a organización de (alomenos) 3 ou 4 viaxes para Semana Santa (dame a sensación de que remataremos por pasala en Rajoysbeach ou en Vilagarcía...). A conclusión foi que a opción das Alpujarras parece perder forza e ao Radical e máis a min non nos convence Lisboa (fomos varias veces nos últimos 3 anos e preferimos voltar en tempada baixa). O domingo tiramos para Ponteareas para celebrar o aniversario de meu pai: todo saiu de marabilla e en catro horas que estivemos alí deron para moito, entre outras cousas, para facer boas migas (por fin) co meu sobriño pequeno, que xa non me mira con desconfianza e mesmo aprendeu a dicir o meu nome. Polo serán volta para Extrema e Dura atravesando Portugal, durmir en terras de Alcántara e o luns de mañanciña, facer os 120 kms. ata o traballo... Creo que non vos estrañara que non contase todo isto onte...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1141774595820006392006-03-08T00:12:00.000+01:002006-03-08T00:40:38.516+01:00Xa que estamos en epoca de falar de cine...
Vexo moita publicidade sobre a película baseada na biografía de Capote. Non irei mirala ao cine, non gosto de biografías. Penso que a última que fun mirar foi a da "mente marabillosa", empuxada por un economista que admiraba os logros de Nash no campo das xogos, moitos deles con moita aplicación na economía... e non quedei con ganas de máis. Pero iso é unha cuestión de gustos sen máis e sobre outra cousa quería falar... ¿Por qué cándo hai que facer unha película cun protagonista masculino non moi agraciado físicamente, contratan a un actor pouco atractivo e, pola contra, cando se trata dunha muller, adícanse a convertir a unha muller guapísima en fea? Así, por exemplo, Nicole Kidman facendo de Virginia Woolf ou Charlize Theron en Monster, que xa lles tivo que custar traballo poñelas feas. Trato de pensar en estrelas femininas feas... e só recordo nos últimos anos a Kathy Bates ¿por qué? Con respecto aos premios dos que todos falan, ainda que seguro que xa todos pasaron por alí, non perdan a crónica que Pawley fai dos Oscars, que paga moito a pena.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1141687972957728192006-03-07T00:22:00.000+01:002006-03-07T00:32:52.990+01:00Para que despois digan...
...que a monarquía non serve para nada. Se non fora porque os principiños deron un par de voltas para esquivaren a lexislación española ao respecto (por outra banda, algo digno de eloxiar, dentro da tradición picaresca ejjpañola de toda a vida), dubido moito que agora fosen permitir os bancos privados para almacenar cordóns umbilicais. Pero se o xefe sae fóra da lei... haberá que mudar a lei para que volva o xefe para dentro ¿ou non era así o xeito de facelo? Por certo que á criatura estáselle a poñer unha cara de... ejem, ¿borbona?
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1141607566688132132006-03-06T02:04:00.000+01:002006-03-06T02:12:46.716+01:00O que conta é chegar...
É estrano cómo chegamos ás veces a enteirarnos das cousas. E non falo de chinchorreos, que iso tamén ten o seu aquel, e daría para comentar unha anécdota ben xugosa que nos aconteceu na Habana este verán. Pero non, hoxe quería falar de que coñecín este disco de Guadi Galego e Guillermo Fernández a través dunha compañeira de traballo extremeña. Ten a súa gracia, porque traballo con outros dos galegos que, coma min, tampouco coñecían este traballo. Resulta que a rapaza esta escoitou un programa sobre o disco en Radio3 e gostou tanto que lle encargou á outra galega que llo trouxera ao voltar de pasar o Antroido en Galiza. Quedei sorprendida: esperaba folk e non era iso, non... Máis ben rollito cantautor e tal. Tamén me pareceu raro a fonética tan pouco galega que ten a cantante. Comentabamolo hoxe, precisamente, a outra galega e máis eu: ainda nos queda máis acento a nós, despois de tantos anos vivindo fóra... Pero o disco é lindo de escoitar e, ademáis, sempre gosta que tamén sexa apreciado (e mesmo promocionado) por xente destas terras.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1141245467243127062006-03-01T21:18:00.000+01:002006-03-02T00:51:46.806+01:00Este ano o Antroido foi Fasnacht
Xa sei que tiven o blog un pouco abandonado estes días, pero é que o Radical e máis eu andamos de rule polo país dos reloxos, os chocolates e a neutralidade cabrona. Sí, ía moiiiito frío, para que imos dicir que non. O domingo pola tarde voltaba o tren de Interlaken a Basilea cheo de suizos cos esquís ás costas. Polo demáis, foi unha experiencia lingüística bastante desconcertante: coas miñas 50 palabras en alemán e o meu francés de Bricomanía, remataba por farfullar unha caste de lingua franca que tiña que ser desconcertante para os suizos, ainda que parecían aturalo estoicamente. Por fortuna, todo o que tiña algo para vender parecía entender o inglés sen máis problema, así que, cando esquecín a corrección política e lembrei que o importante nesta vida é que a unha a entendan, todo foi ben. Ainda así, seguía tendo o seu punto rematar con un "die rechnung, bitte" e dando as "danke". A foto é do Paul Klee Zentrum que, ademáis de ter unha cantidade incrible de obra de Paul Klee, é unha pasada coma edificio. Ademáis, había calefacción...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1140735214152146632006-02-23T23:52:00.000+01:002006-02-24T00:13:53.173+01:00Veciños

Naqueles tempos da miña mocidade puñan unha serie australiana na galega que se titulaba Veciños. Teñoa mirado algunha vez. Era curiosa de ver, porque saían Kylie Minogue, que xa andaba por aí a cantar (os episodios que emitían tiñan uns anos de desfase) e Jason Donovan (que naquel entón era alguén). Disque tamén saía Russel Crowe, pero non me lembro del. Estes neighbours, everybody needs good neighbours, vivían nun barrio de casiñas. Nunca se me ocorrera que eu ía vivir algunha vez nun barrio de casiñas tamén, certamente, máis achegadas que as da serie australiana. Unha cousa peculiar dos barrios estes de casiñas, que non adoita a reflectirse na TV ou no cine é a tendencia ao tunning que lle da á xente: aos normais dalles por expresala a través da xardinería, con resultados en xeral agradables. Pero hai outros... hai outros... en fin, ananos, macetas con forma de caracol, farolillos rococó e calquera outra cousa que atoparan por aí. Pero creo que o veciño que leva o premio ao máis (poñan vostedes o calificativo) e o da casiña da foto. Había tempo que a quería poñer, pero dábame vergoña ir a quitala. Despois pensei que se a él/ela non lla dá...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1140561485922466132006-02-21T23:04:00.000+01:002006-02-21T23:38:05.950+01:00Caché
Onte fomos ao cine a ver Caché, de Michael Haneke. Gostamos da peli que, en parte, é como a vida: insegura, incompleta e tamén trampona. Quizáis por iso na peli poden rebobinar e mirar outra vez que pasou. Na vida quedamos coa lembranza inexacta e incompleta e, mesmo as veces, acabamos reelaborando tanto un feito pasado que chega un punto que non sabemos de certo se ocorreu así. Penso que nese sentido ten razón F. Míguez ao Apuntar para non esquecer. Está claro que Haneke fai trampa varias veces na peli, porque agacha cousas do mesmo xeito que, outras veces, as revela. Pero, ainda así, saimos bastante fascinados, ninguén moveu nin un músculo ata que acabaron de todo de todo os créditos. Tamén é certo que eramos 20 no cine...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1140463518198546982006-02-20T20:07:00.000+01:002006-02-20T20:31:38.126+01:00Veña, veña, veña, todos a declarar
Son da opinión de que o realismo máxico que practicaban coma opción literaria algúns autores do boom latinoamericano funcionaba, precisamente, porque o lugar escollido para esas historias era Latinoamérica. As dúas veces que viaxei por alí tiven a sensación de calquera cousa pode pasar e boa parte desa impresión viña dada polas escollas que fan os latinos na lingua, moitas veces en carteis e lugares públicos. Por exemplo, recordo unha barbería cutrísima nun garaxe, que levaba de nome "Executive's barber", un cartel anunciando "agricultura urbana" nunha rúa dunha grande cidade ou mesmo oír como lle chaman ao peso cubano, "el peso más ligero del mundo". Por iso, teño a teoría de que se un país que ten uns Xulgados aos que denomina oficialmente, sen cortarse un pelo, "Juzgado Promiscuo Municipal" é un lugar no que pode pasar de todo... E de feito, disque pasa de todo.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1140374426135484832006-02-19T19:25:00.000+01:002006-02-19T19:40:26.170+01:00Tres ratos cegos...
Fun mirar La ratonera ao teatro hai un par de días. O Radical andaba de periplo galaico, así que non puido vir. Non perdeu moito, non gostei moito da adaptación. Ainda que un poida divertirse cunha obra de Agatha Christie, non creo que o ton axeitado sexa convertila nunha comedia: na miña opinión debería producir certa inquietude e iso só o acadaba cando tarareaban a cancionciña de marras. Polo demáis, fixeron tan ridículos aos personaxes que cando quedaban dous deles sós nalgunha estancia, máis ben parecía probable que un deles botase a chorar que se puxera matar ao outro... Ainda así, había moitísimo tempo que non ía ao teatro e foi boa cousa matar o mono. Agardo que haxa máis oportunidades de facelo e, se non é agora, cando se verifique o traslado case seguro que as haberá. Onte actuaba tamén Rosana, pero, se xa tiña dúbidas de ir cando pensaba que era gratis, coma para sacar 22 euros do peto que é o que custa a entrada...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1140031916641793732006-02-15T20:29:00.000+01:002006-02-15T20:31:56.643+01:00Consecuencias do terremoto
O outro día contaba por aquí que houbera un terremotiño. Uns días despois atopamos isto no chan do salón... e antes non estaba, que limpamos pouco, pero non tan pouco como para non ternos decatado. Non llo conten aos posibles futuros compradores.hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1139862551101749322006-02-13T21:21:00.000+01:002006-02-13T21:29:11.146+01:00Exposición
Non pensen que estes días de silencio foron de reclusión absoluta: o de ter exames esmagou os meus miolos, máis non as ganas de andar por aí. Así que, coa invitación dunha amiga galega que anda moi ben instalada por aquí (é o que ten ter mozo pata negra e non traballar o producto galaico, coma fago eu), fomos á inauguración dunha exposición de fotografía na Escuela de Artes. O que teñen as inauguración é que hai tanta xente que non se pode mirar as fotos... Por fortuna, quedamos ata a fin e puidemos gozar do Silencio Jondo de Ceferino López. Ademáis, en Extrema e Dura sempre hai que quedar ata o fin... (e cando se deixan de canapies pamplinosos e sacan o xamón).
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1139773575503611762006-02-12T20:37:00.000+01:002006-02-12T20:46:15.533+01:00Recuperando a fala (ou a escrita)
Xa vin que algún se decatou de que andei ausente... Houbo bos motivos: a combinación da semana na que tiña o meu segundo exame (o xoves) coa asistencia a dous (martes e mércores) xantares de despedida do xefe resultou ser letal para a miña vida. Non é que non tivera tempo para escribir, e que quedei sen discurso... E non era cousa de agobiar aos meus presuntos lectores co impacto da poética de Wilfred Owen nos movimentos antiguerra ou debullando a relevancia e simbolismo da cor en Heart of Darkness... Xa liberada da carga mental por aquí seguirei coas miñas teimas.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1138740829620041262006-01-31T21:46:00.000+01:002006-01-31T21:53:49.646+01:00Retornados
Meus amigos T e B marchan de Lisboa, voltan a Galiza. Parece que van montar un sitio de petiscos en Santiago. Xa lles farei propaganda cando abran e saiba os detalles. Estou contenta por eles, ainda que me confortaba telos tan cerca de aquí, sabendo que calquera fin de semana podiamos visitarnos mutuamente. Iso fíxonos falar ao Radical e a min das posibilidades reais de retorno que temos. O panorama é complicado: ao Radical saironlle este ano en Galiza -4 prazas na súa especialidade e, dado que en Galiza hai uns 8 anos que non hai oposición, é o ultimo dunha lista de cento e pico. Vaia, un panorama alentador. O meu non é moito mellor, ainda que, probablemente, en 5 anos ou por aí podería ter opcións reais de aterrar na Ría de Arousa. O que pasa é que persiste a dúbida de cómo seremos dentro de tantos anos, de se teremos ganas de voltar a vivir alí, de se non seremos xa máis expatriados que emigrantes... Eu por se acaso, botei o Euromillón esta semana.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1138657020378071482006-01-30T22:27:00.000+01:002006-01-30T22:37:00.423+01:00Manías ¿eu?
Veña, aí van as cinco manías:

-Con respecto aos estudos teño miles de manías, que van mutando coma virus: hai tempadas nas que son incapaz de avanzar un paso sen facer fichas (sempre do mesmo formato, claro), outras teño que ter un tipex ao lado para ir corrixindo os erros/tachaduras/borróns que vaia facendo nos resumos, outras simplemente preciso ter tres bolis iguais enriba da mesa... Agora mesmo, estou en fase pilot negro, azul e vermello e un lápis para poder facer algo a dereitas.

-Polo menos, na miña casa ten que haber tres tipos distintos de té.

-No traballo, sempre axusto tódolos documentos, corrixo os erros dos modelos, personalizo o xénero da persoa á que vai dirixida, se é unha empresa engado "social" á palabra domicilio. En fin, que son moi tiquismiquis. Para min non é raro, pero é que os meus compañeiros non o fan, así que sempre o oculto coma se fose algo malo... Considéroo unha manía porque me pon nervioso non facelo e iso indica unha certa compulsión.

-Cústame polo menos quince minutos espertar de todo... Pobre do que intente meterme présa neses quince minutos. Diso poden dar fe miña nai (que é coma unha nena hiperactiva, non pode deixar nada para dentro dun pouco...) e o Radical, que de cando en vez recibe algún exabrupto por iso.

-Sempre rompo as cadeas, así que non lle paso esta a ninguén...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1138580442080939502006-01-30T01:12:00.000+01:002006-01-30T02:18:35.513+01:00Neve
Aproveitando San Profe, marchamos para Córdoba cunhas amigas do Radical. Era coma un chiste, alá nos atopamos unha abulense, unha de Badajoz, unha portuguesa e dous galegos. O clima traía sorpresas: chuvia a mazo en Córdoba o primeiro día e neve á volta. As rapazas quedaban un día máis, pero nós aproveitamos para baixar e quitar unhas fotos ao olivar nevado. Era bonito de ver cómo ían caendo de vagar as folerpas desde as polas das árbores. Moita xente foi ao campo a mirar o espectáculo. Levaban aos nenos, pero non se sabía quén gozaba máis. Todos saímos dalí co sorriso posto e cuns bolazos no lombo.
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9975003.post-1138131114439407412006-01-24T20:11:00.000+01:002006-01-24T21:34:14.330+01:00Génova, tenemos un problema.
O Pepé tenche un problemiña ben fodido coa coña do Estatut, unha dicotomía que lle está a facer saír canas a máis de un: o malo é, que ainda que saquen peito na defensa da idea de Ejpaaaña única e tal e cual, o que persiguen os cataláns co Estatut é o máis de dereitas que poida imaxinar un. Todo o rollo "nación" é un trapiño vermello dos que lles poñen diante aos touros... para ceder e, á fin, quedar cos cartiños.

Para o PSOE non é unha eiva: históricamente, non lle custa votos tomar decisións de dereitas, o que lles adoita a custar votos é comportarse coma señoritos de dereitas de toda a vida... Pero o do Pepé é outro cantar: resulta que iso que alporiza tanto a Rajoy é tan de dereitas que varios dos seus presidentes autonómicos queren un Estatut para sí (non importa que diga "Nación" ou non), a Espe quere un, o valenciano tamén. Tódalas comunidades autónomas ricas queren ser máis ricas e quedar con máis cacho diso que recadan de máis por ser os máis mellores. Colateralmente, ao ter que ceder menos pastel ás comunidades máis pobres, a man de obra barateira que estas sempre lle proporcionaron, será máis barata e máis submisa se for posible. Pero xa dixeron que van ser moiiii solidarios con esas comunidades, igual fan unha fundación desas modernas que contratan infantas (ejpañolas...).

¿Farán un casting para substituir a Piqué? Porque a ver quén apanda...
hojasdehierbahttp://www.blogger.com/profile/02930953719804061123noreply@blogger.com